9.4.16

ALBANO GONÇALVES

Albano Gonçalves foi o protagonista do programa número 11. Marco e Elena plantexáronlle diversas cuestións, e así descubrimos que se trata dun músico invidente nacido en Portugal, ao igual que Marco. Albano estudou en Lisboa e alí comezou a formarse no ámbito musical, aprendendo a tocar o órgano e o acordeón no colexio e de oído, superando as dificultades. Máis posteriormente iniciouse no canto.

Con Albano Gonçalves soubemos o que era un “rancho”, termo portugués: trátase dunha agrupación centrada na música tradicional folclórica, composto entre trinta e sesenta persoas, e explicou os diferentes papeis que os artistas fan dentro destas agrupacións: danza, instrumentos de corda, canto... Albano cóntanos tamén que el mesmo forma parte de dous “ranchos” distintos, e menciona finalmente os encontros musicais que se fan a nivel europeo neste ámbito.

Sem comentários:

Enviar um comentário